A pesar de que o tempo non era o máis idóneo para celebrar o entroido, a chuvia deu unha tregua para que milleiros de veciños e veciñas de Soutomaior tomaran a rúa para presenciar o desfile de comparsas do Entroido 2020. Sobre as cinco da tarde comezaban a desfilar pola rúa Xosé Solla ao redor de 16 comparsas a primeira que abría o desfile era a Municipal con máis de 50 participantes. Música, cores e bailes ben acompasados foron a tónica dás comparsas ata ben chegadas ás 20h que facía acto de aparición a comparsa Panela e Oceánide que puña fin ao desfile. Unha vez rematado o desfile de comparsas daba comezo na Alameda Talo Río unha festa de entroido coa actuación do grupo musical 3.COM.