Na terceira semana de confinamento achegámonos ata o centro de Arcade, lugar onde nunha vida normal é a parroquia máis transitada do Concello de Soutomaior, pero nesta ocasión e pola situación pola que estamos a pasar atopámonos coas rúas practicamente desertas, algunha persoa que sae a facer compra ou ben pasear a mascota. Pódese dicir que o Concello de Soutomaior cumpre perfectamente o confinamente nas súas casas