Estas foron as nosas primeiras Festas despois dos anos truncados pola pandemia e tamén é a miña primeira Festa como Concelleira de Cultura no que todo saíu moi ben ao igual que Paco, que o fico moi ben. Para a Concelleira foi todo un reto, pero grazas aos meus compañeiros de goberno que me axudaron moito xa que eran as miñas primeiras Festas e vías que a xente tiña ganas de pasalo ben , penso que saíu todo ben, so hai que ver a cantidade de público que hai, Arcade brilla e Soutomaior tamén polo tanto estou moi contenta. Realmente a finalidade da Festa é esta que haxa xente, que coñeza a gastronomía local e que volvas a comer calquera outro día.