O alcalde de Soutomaior Agustín Reguera destacou a ledicia e orgullo da Festa deste ano xa que é un día de reencontros e de emocións de volver á normalidade e de poder facerlle unha homenaxe á hostalaría local. Reguera afirmou que debeu ser un dos pregóns máis » bonitos» dende que é Alcalde e cre que é devido a que cando o pregoeiro é local nótase coas gañas das que está a falar, notouse na xente que o estaba a escoitar con moita emoción xa que houbo un silencio á hora da lectura. Tamén destacou o agradecemento de toda a Corporación á hora de apoiar á hostalaría local. Destacou tamén a multitude de xente que se achegou ata as instalacións da Festa e do número de ostras vendidas nos tres días de celebración.