Os alumnos e alumnas co CEIP Manuel Paín Truiteiro levan meses traballando ao redor da figura de Pedro Madruga, un traballo que non só fai que o alumnado adquira coñecementos sobre Pedro Álvarez de Soutomaior senón tamén como era a vila de Soutomaior nesa época, como se vivía e cal era a xerarquía referente á época. Para integrarse máis na época o propio colexio e con traballos dos alumnos e alumnas foi decorado como se dun castelo se tratara así deste xeito o alumnado trasládase por completo ao século XV.

A idea principal é a de aprender cal foi a figura de Pedro Álvarez de Soutomaior máis coñecido como » Pedro Madruga» pero a maiores levarán todo o aprendido no centro ata o propio Castelo de Soutomaior onde alí interpetaán cada un o papel no que levan tempo traballando. Sen dúbida algunha o CEIP Manuel Padín Truiteiro é un dos centros onde a ensinanza e a diversión son totalmente compatibles, proxectos coma este ou a propia radio do colexio son mostra do bo traballo realizado.